Saturday 11 de May de 2024

Profesionais de 90 países descobren na Coruña as músicas do mundo durante a primeira xornada de WOMEX


O sector da música comparte estes días o seu traballo nos máis de 250 postos localizados en Palexco

A Coruña é estes días punto de encontro para miles de persoas vinculadas coa música a nivel profesional e persoal grazas a WOMEX, o evento musical máis diverso e global ao redor da cultura e a música. Durante esta primeira xornada, milleiros de persoas procedentes de 90 países achegáronse aos máis de 250 postos localizados en Palexco para descubrir as diferentes formas de promoción e conservación de estilos e xéneros musicais de países como Eslovaquia, Colombia, Venezuela, Siria, Francia, Portugal, Dinamarca, Italia, Líbano, España, Turquía ou Polonia, entre outros. Conferencias, reunións ou exposicións fan da feira musical WOMEX un lugar perfecto para establecer contactos para os profesionais da música. Un evento global para crear unha rede de apoio á cultura diversa e heteroxénea que forma parte da identidade de cada país. O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, supervisou esta mañá o desenvolvemento da feira e destacou que “o Goberno de Inés Rey está a facer unha grande aposta pola organización de grandes eventos culturais na cidade, que deixan un importante retorno”.

Durante a xornada de hoxe destacaron, entre outras actividades, unha sesión sobre a importancia da cooperación para unha circulación artística sostible (15.00 horas), unha presentación asociada á industria musical chinesa actual (15.45 horas) ou unha sesión de networking de “Mujeres del Mundo” (16.45 horas).

WOMEX, un evento aberto ao mundo

WOMEX é unha cita indispensable para artistas ou empresas do sector da produción musical, pero tamén é un espazo compartido por moitas persoas que verdadeiramente teñen interés en abrirse ao mundo e ás diferentes músicas que o percorren.

O Pazo da Ópera, O Parrote, o Teatro Colón, o Teatro Rosalía de Castro, a sala Pelícano, o Playa Club e a filmoteca de Galicia acollen desde hoxe actuacións de artistas nacionais e internacionais que non deixarán a ninguén indiferente.

A innovación e a intelixencia artificial na industria musical, protagonistas da xornada do xoves 27

Mañá haberá unha nova rolda de conferencias, destacando unha sobre a construción dun mercado baseado na innnovación de xéneros na música caribeña (10:00 horas), a exploración das linguas indíxenas (11:00) ou unha mesa redonda sobre mentoring (11:45 horas).

Xa pola tarde, haberá a posibilidade de asistir a unha conferencia sobre a intelixencia artificial na industria musical (16:30 horas) ou a unha sesión de networking educativo (16:45 horas).
A feira continuará ata este sábado en horario de 11:00 a 17:45 horas e a programación complet de WOMEX 2023 pode consultarse aquí:
https://www.womex.com/programme/overview
Programación de concertos para mañá, venres 27
Palexco
21.45 – 22.30 Nimkii and the Niniis
23.15 – 0.00 Akawui
0.45 – 1.30 Jinj
Teatro Colón

21.30 – 22.15 Danûk
23.00 – 23.45 Aleph Quintet
0.30 – 1.15 Teo Collori & Momento Cigano
Teatro Rosalía de Castro
Teatro Rosalía de Castro
21.00 – 21.45 Beatriz Rosário
22.30 – 23.15 Vivi Pozzebón
0.00 – 0.45 Rodrigo Sosa y la Quenistica
O Parrote
21.45 – 22.30 79rs Gang
23.15 – 0.00 Widad Mjama & Khalil Epi
0.45 – 1.30 Baiuca
Pelícano
0.00 – 0.45 Killabeatmaker
21.00 – 21.45 Kutú
22.30 – 23.15 Haepaary
Filmoteca de Galicia
20.00 – 21.45 Kite Zo A